Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Obradoiro de guión musical no cinema con Conrado Xalabarder

24 de Febreiro de 2015

Obxectivo
da actividade

O curso tratou sobre o uso da música no cinema, os seus efectos na audiencia, e incidiu en como escribir un discurso musical comprensible, de modo estruturado e ordenado. Non se abordaron asuntos musicolóxicos, senón cinematográficos, explicando cales son os elementos que conforman a música no cine.

Estivo enfocado a profesionais que non son compositores (directores, produtores, guionistas) para que poidan tomar decisións musicais non emocionais, senón racionais, ter unha comunicación máis directa co compositor e saber o que pedir sen provocar confusións.

O obradoiro centrouse en cinco aspectos fundamentais:

  • O territorio da música no cine
  • As categorías na música
  • Os niveis musicais
  • A distribución musical
  • O guión musical

Conrado Xalabarder:

Profesor da asignatura de Bandas Sonoras na Universitat Pompeu Fabra e na Universitat de Vic. Crítico de bandas sonoras na revista Fotogramas e colaborador de medios como El Periódico de Catalunya ou La Vanguardia. É o creador da web www.mundobso.com, a maior web de bandas sonoras comentadas do mundo, e autor dos libros Enciclopedia de las Bandas Sonoras, Música de Cine: Una Ilusión Óptica e El Guión Musical en el Cine.

Conrado Xalabarder ten compartido conferencias e entrevistas con compositores da talla de Jerry Goldsmith, Ennio Morricone, Michael Giaccino, Dave Grusin, Ludovic Bource, Bruno Coulais, Elmer Bernstein, Luis Bacalov ou John Addison, entre outros.

“Unha mala banda sonora pode estropear unha boa película”

Conrado Xalabarder

EDICIÓNS ANTERIORES