Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Obradoiro de dirección de actores con Víctor Duplá

06 de Xullo de 2016

Obxectivo
da actividade

Durante unha semana, no mes de maio de 2014, un grupo de 14 directores e directoras -xunto con 6 actores e actrices- tiveron a oportunidade de enfrontarse a algúns dos elementos fundamentais no traballo de dirección de actores: o carácter do personaxe, o conflito, a improvisación como ferramenta de traballo, a imaxinación, a verdade…

Estas son algunha das impresións dos asistentes ao obradoiro:

 ”Unha grande experiencia a tódolos niveis”.

“O mellor foi descubrir ferramentas, compartir experiencias…”

“Foi marabilloso”.

“A importancia de xogar, de deixarse levar, de estar aberto ao que poida suceder”.

“Moi interesante. Vivimos un feixe de experiencias novas para aplicar en futuros traballos”.

” Máxica. Queda un con ganas de máis”.

“Aprendín a profundizar nas emocións da escena e, por outro lado, tiven a oportunidade de coñecer en persoa grandes profesionais do mundo audiovisual”.

Víctor Duplá:

Director, actor e profesor de interpretación

Titulado en Arte Dramático e con ampla formación no Estudio Juan Carlos Corazza

Ten traballado en cine, televisión e teatro con directores como Sergio Peris-Mencheta, Carlos Saura, Juan José Campanella ou Antonio Hernández.

EDICIÓNS ANTERIORES