Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

MASTERCLASS CINEMATOGRAFÍA DIXITAL, CON RAFA ROCHE (AEC)

06 de Xullo de 2019

Obxectivo
da actividade

Dentro da decidida aposta pola formación técnica de primeiro nivel con precios asequibles para todos os nosos asociad@s, así tamén coma referencia formadora para o sector audiovisual galego CREA deseñou a MASTERCLASS DE CINEMATOGRAFÍA DIXITAL conxuntamente con Rafa Roche e coa colaboración de Sony España, Ceproma, Trípede e a Sgae estructurándoa en dúas partes para o seu maior aproveitamento:

  1. Formación práctica:

Rodaxe en interiores e exteriores usando a Sony Venice e lentes Cooke.

Xeración de dailies en cámara, Correción de color, iluminación de esceas, preparación e exportación de materiais.

  1. Formación teórica fundamental para a cinematografía dixital:

Tipos de sensores, lentes, modelos de cámara, formatos e relacións de aspecto, sistemas HDR, ACES, Dual ISO, Curvas Log, LUT´S e looks, Esixencias técnicas de NETFLIX, HBO, MOVISTAR, etc.

Rafa Roche (AEC) é Director de Fotografía, membro da AEC Asociación Española de autores de obras fotográficas Cinematográficas, con máis de 25 anos traballando no departamento de Fotografía. Combina os seus traballos en cine coa publicidade, promos e documentais. É tamén socio en Ars Stereocopika, onde desenvolve produccións en S3D. No ámbito da formación, é ICE Independent Certified Expert de Sony, no seu departamento de cámaras profesionais, e colaborador habitual de Sony e ARRI nas demostracions das súas novas cámaras.

Profesor de Imaxe Dixital na Escola de Cinematografía e de Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM), colabora tamén noutros cursos de formación, entre os que destaca 709 Media Room e EFTI. Ademais, colabora en Cameraman, onde pública artículos técnicos.

Entre os seus traballos destacan: DIT en ma ma, de Julio Medem. Naciente Escúchame, de Mabel Lozano; Droga Oral de Chus Gutierrez, Tú Eliges de Antonia San Juan, Angela 3D de Alberto Gonzalez, Las 7 alcantarillas de Chus Gutierrez e El secreto mejor guardado de Patricia Ferreira, entre outros. Foi tamén 2ª Unidade de Fotografía en El Don de Alba (Tele5), e en campañas promocionais para canles coma Canal+ e AXN, a Fundación Parkinson e a Policia Nacional.

EDICIÓNS ANTERIORES