Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

“Do Papel á Pantalla”. Ciclo de Masterclasses online

06 de Marzo de 2021
11:30
Zoom

Obxectivo
da actividade

Dende a asociación CREA e Fundación SGAE co apoio de Agadic, convocamos o Ciclo de Masterclasses online “Do papel á pantalla”. Con estas charlas queremos coñecer de primeira man algúns dos procesos que atravesamos como profesionais da dirección e realización audiovisual.
A través da experiencia de cineastas como Carla Simón (Estiu 1993), Celia Rico (Viaje al cuarto de una madre) e Pablo Berger (Blancanieves) nos achegaremos ao seu persoal proceso creativo que están a desenvolver nas súas novas longametraxes de ficción ou animación.
Tampouco queremos deixar de lado os aspectos legais que están presentes no exercicio da nosa profesión. Para afondar neste tema contaremos con Enrich Advocats, gabinete especializado en dereito da propiedade intelectual e imaxe, e con María Mateo, avogada dos servizos xurídicos da SGAE.
Por último, contaremos cunha interesantísima aproximación ao mundo da distribución cun dos maiores especialistas e divulgadores deste eido, Ismael Martín. Estreas, estratexias de festivais, como negociar as ventas ou como elaborar o percorrido do teu proxecto audiovisual son algúns dos temas nos que nos mergullaremos durante as dúas sesións desta masterclass, e nas que Ismael Martín tratará de resolver todas as dúbidas que acheguen as asistentes.
As charlas celebraranse a través da plataforma Zoom e serán de acceso gratuíto e limitadas a socios e socias de CREA e SGAE.
As prazas serán reservadas por orde de inscrición ata o límite de 100 persoas.

PROGRAMA

6 e 7 de Marzo – 11.30h.

Masterclass Ismael Martín – O universo da distribución

11 de Marzo – 20.00h.

Masterclass con Carla Simón – Procesos Creativos

20 de Marzo – 12.00h.

Masterclass con Pablo Berger – Procesos Creativos

25 de Marzo – 18.00h.

Masterclass con Enrich Abogados e María Mateo – Aspectos Legais para profesionais da dirección e realización.

1 de abril – 18.00h.

Masterclass con Celia Rico – Procesos Creativos

 

EDICIÓNS ANTERIORES