Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

De palique con CREA e Jesús Font

07 de Marzo de 2015
Atlántico de Santiago de Compostela
Ver mapa

Obxectivo
da actividade

O sábado 7 de marzo de 2015, no pub Atlántico de Santiago de Compostela, tivemos unha sesión de palique cun dos directores máis prolíficos da televisión actual, Jesús Font.

Jesús Font é un dos actuais directores da serie “O Faro” que emite a Televisión de Galicia e no seu currículo conta cun bo feixe de títulos que van desde Tv movies como “Desátate” (2009), “Buscando al hombre perfecto” (2008) ou “El año que trafiqué con mujeres” (2005) a series de televisión como “Grand Nord” para TV3, ou outras para ámbito nacional como “MIR” ou “El Comisario“.

O encontro, ao que asistiron varios compañeiros e compañeiras de CREA, consistiu nunha charla na que, partindo da experiencia de Font, repasamos cuestión relativas ás condicións de produción en Madrid, Catluña e Galicia, falamos de como afrontar todo tipo de series desde o punto de vista da dirección, falamos de como evolucionara o entorno televisivo nos últimos vinte anos, falamos de actores, de técnicos, de guions, de historias, de rodaxes… foi, en definitiva, unha conversa informal na que os presentes compartimos ideas, experiencias e, sobre todo, disfrutamos dunha boa sesión de palique.

EDICIÓNS ANTERIORES