Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Crowdfunding Audiovisual

17 de Marzo de 2016
SGAE Santiago

Obxectivo
da actividade

Contidos

A sesión divídese en catro tramos:

Que é o crowdfunding e tipoloxía (60’)Definición e tipos de crowdfunding, plataformas, recompensas, o concepto de presumidor, anticipo da demanda, xestión de custos, fiscalidade e validación do modelo de negocio

15 éxitos no mundo do cine (90’)Análise de casos de éxito en distintos formatos: O Cosmonauta, Kung Fury, B, Thunderbirds, Frankenstein 04155, Iron Sky, Veronica Mars ou Techo y Comida

Kickstarter e ferramentas de campaña (60’)Plataforma Kickstarter, ferramentas Google e xestión de equipos con Slack

As 20 regras de ouro do crowdfunding (90’)Normas xerais, de deseño, recompensas e comunicación con exemplos

Valentí Acconcia

Adícase profesionalmente ao crowdfunding desde o ano 2011. Consultor e experto en crowdfunding freelance, ten traballado coas principais plataformas de crowdfunding do mundo. É autor de “Las 20 reglas de oro del crowdfunding” un libro práctico dirixido ao deseño de boas campañas

Ten asesorado proxectos cunha recadación total superior aos 600.000 euros, en plataformas como Indiegogo, Verkami, Lánzanos ou Kickstarter Entre os proxectos asesorados destacan Stalactite 3D HD Printer (65.000 euros recadados en Indiegogo), Mensaje Post-Itivo, La Película (26.600 euros recadados en Lánzanos), Jardín vertical Citysens (26200 euros recadados en Verkami), HappyWeek (21.400 euros recadados en Verkami), WaterDrop (16.600 euros recadados en Kickstarter) 1785 (10.500 euros recadados en Kickstarter) ou Cops&Thugs (10.400 dólares recadados en Kickstarter)

EDICIÓNS ANTERIORES