
Obxectivo
da actividade
Con proxeccións en 16mm. (2015, 120 min).
O venres 5 de xuño de 2015, CREA colaborou na sexta edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña a través da organización da Conferencia Experimental “Os ratos”, do dúo brasileiro Distruktur, dentro da formación de espazos aulaCREA.
“Os Ratos” é unha conferencia experimental do dúo brasileiro residente en Berlín Distruktur, que inclúe proxeccións e exemplos do seu traballo en 16mm.
“Os Ratos” componse de restos, partes rexeitadas, probas, anacos de película condenados a non existir, ou cando menos a non seren proxectados. Os ratos ratos son feos a primeira vista, mais… non reside a beleza no ollo de quen mira?
“Os Ratos” é unha discusión sobre o valor e a valorización das imaxes fílmicas, a través da visualización de diferentes procesos e resultados inherentes á práctica DIY de cine analóxico en 16mm.
EDICIÓNS ANTERIORES















