
Obxectivo
da actividade
Conecta está pensado para poñer en contacto guionistas e profesionais da dirección e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeirxs de viaxe. Está dirixido a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento. A mecánica consiste nunha serie de reunións un a un onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el (podedes explicar ideas ou, pola contra, escoitalas e dar consello).
O evento terá lugar o vindeiro día 25 de novembro de 2023 na Sede da Fundación SGAE, en Santiago de Compostela, e o prazo de inscrición remata o 20 de novembro.
Durante a sesión de tarde do Conecta terá lugar unha charla pendente de concretar.
Un encontro organizado por CREA, co patrocinio de Agadic, o apoio da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas.
Esta actividade forma parte dun programa composto por Conecta, Conecta+ e Conecta Lab, actividades en colaboración coa Deputación de Pontevedra e coa financiación de ICAA e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
EDICIÓNS ANTERIORES













