Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta 22

05 de Novembro de 2022
10:00
Fundación SGAE
Ver mapa

Obxectivo
da actividade

Conecta está pensado para poñer en contacto guionistas e profesionais da dirección e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeirxs de viaxe. Está dirixido a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento. A mecánica consiste nunha serie de reunións un a un onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el (podedes explicar ideas ou, pola contra, escoitalas e dar consello).

 

O evento terá lugar o vindeiro día 5 de novembro de 2022 na Sede da Fundación SGAE, en Santiago de Compostela, e o prazo de inscrición remata o 2 de novembro.

Durante a sesión de tarde do Conecta haberá un encontro destinado a explicar a futura actividade do Conecta LAB e a residencia artística en San Simón, así como resolver as posibles dúbidas das asistentes.

Un encontro organizado por CREA, co apoio da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas.

Conecta LAB é unha actividade en colaboración coa Deputación de Pontevedra e coa financiación de ICAA e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

EDICIÓNS ANTERIORES