Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta

21 de Outubro de 2019
10:30
SGAE
Ver mapa

Obxectivo
da actividade

conecta é unha ferramenta para poñer en contacto a directores e guionistas que estean desenvolvendo proxectos audiovisuais en Galicia. É unha actividade -organizada por CREA, Asociacion de Directores e Realizadores de Galicia co apoio da Fundación SGAE e a colaboración da Asociación Galega de Guionistas no que aqueles guionistas que buscan director, aqueles directores que buscan guionista, ou simplemente todo aquel que teña un proxecto e queira poder recibir opinións doutros compañeiros, poida ter unha serie de reunións un-a-un de 25 minutos de duración centradas no seu proxecto concreto.

A finalidade de conecta é xerar un espazo de contacto entre autores audiovisuais; facilitar a conexión entre guionistas e directores, co obxectivo de fortalecer os proxectos a partir da colaboración e das opinións doutros creadores. Falar, discutir e coñecer compañeiros de profesión é beneficioso para todos, e pode ser útil non só para reforzar os proxectos tratados, senón tamén para establecer nexos que poidan xerar novas propostas. Ademais, a estrutura de reunións un-a-un é o mellor exercicio para poñer en práctica o pitch dos proxectos, de forma que saian reforzados para cando se confronten con produtores, inversores, programadores, etc.

PROGRAMA

01
para quen?
Conecta vai dirixido a un amplo abano de creadores: desde profesionais en activo e con carreiras xa establecidas, ata estudantes das distintas escolas e facultades de audiovisual, que estean xerando os seus primeiros proxectos profesionais.

Todo aquel creador/a que teña un proxecto audiovisual -sexa o que sexa o estado de desenvolvemento- e queira discutilo con outros creadores, ou estea na procura dun director/a, ou dun guionista con quen colaborar, pode inscribirse para participar na xornada de encontros.

Unha comisión formada por membros de CREA e de AGAG fará, de entre tódalas inscricións, unha selección dos proxectos máis interesantes.
02
como foi?
Este ano celebramos a sétima edición de Conecta. As anteriores edicións foron, sen dúbida, das actividades máis satisfactorias organizadas por CREA.

Cada ano reuníronse ao redor de 70 creadores e creadoras -do ámbito da dirección ou do guión- e celebráronse centos de reunións para
discutir sobre proxectos, nun ambiente de colaboración aberta e construtiva. Un ambiente moi estimulante que se facía especialmente
palpable nas pausas de café e comida, onde se creaba unha mestura total de distintos estilos, persoas con distinta formación e con distintos
niveis de experiencia.
03
como vai ser?
Os participantes dividiránse en dúas categorías: participantes con proxecto e participantes sen proxecto.

Os participantes con proxecto -tanto profesionais como estudantes- poderán presentarlle o seu proxecto a outros guionistas e/ou directores cos que se poida establecer unha colaboración profesional ou, cando menos, recibir unha serie de opinións que poidan favorecer á reflexión sobre o seu proxecto e, desa forma, axudar a fortalecelo.

Os participantes sen proxecto -profesionais en activo - terán a oportunidade de escoitar proxectos, coñecer novos creadores e, no mellor dos casos, establecer algunha colaboración profesional que poida fructificar no futuro.
04
Encontro
1) Presentación de proxectos: os participantes con proxecto presentan un pequeno dossier do proxecto.

2) Listaxe de participantes: unha vez feita a selección, á lista de participantes con proxectos incorpórase a de participantes sen proxecto(directores e guionistas con experiencia que desexen formar parte do evento) e establécese unha listaxe definitiva de participantes.

3) Organización de reunións: os participantes reciben esa listaxe, xuntos cos dossieres dos proxectos, e unha ficha para solicitar ata un máximo de sete reunións. E en base a esas solicitudes, establécese un cronograma de reunións que, de novo, se enviará a tódolos participantes.

4) Xornada de encontros: o día do encontro haberá unha sala habilitada para a celebración simultánea das reunións un-a-un. Así mesmo, haberá descansos para café e comida; un momento perfecto para o encontro aberto e informal entre os participantes.

EDICIÓNS ANTERIORES