
Obxectivo
da actividade
Conecta está pensado para poñer en contacto guionistas e profesionais da dirección e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeiras/os de viaxe.
Está dirixido a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento. A mecánica consiste nunha serie de reunións un a un onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el (podedes explicar ideas ou, pola contra, escoitalas e dar consello).
Se queres asistir só como oínte, fai a túa inscrición nesta ligazón:
O evento terá lugar o sábado 31 de outubro de 2026 (lugar ainda por determinar), e o prazo de inscrición remata o domingo 18 de outubro ás 23:59 h.
Un encontro organizado por CREA, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas.
EDICIÓNS ANTERIORES














