Directores/as
Mediateca
Volve atrás

Actividade

Conecta 25

08 de Novembro de 2025
10:00
Fundación SGAE
Ver mapa

Obxectivo
da actividade

Conecta está pensado para poñer en contacto guionistas e profesionais da dirección e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeiras/os de viaxe.

Está dirixido a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento. A mecánica consiste nunha serie de reunións un a un onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el (podedes explicar ideas ou, pola contra, escoitalas e dar consello).

Se queres asistir só como oínte, fai a túa inscrición nesta ligazón:

Oíntes

 

O evento terá lugar o sábado 8 de novembro de 2025 na Sede da Fundación SGAE, en Santiago de Compostela, e o prazo de inscrición remata o luns 3 de novembro ás 23:59 h.

Durante a sesión de tarde do Conecta terá lugar unha charla pendente de concretar.

Un encontro organizado por CREA, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas.

EDICIÓNS ANTERIORES