Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta 2021

13 de Novembro de 2021
10:30
Fundación SGAE
Ver mapa

Obxectivo
da actividade

Dende CREA voltamos un ano máis co CONECTA, a xornada de encontros un a un entre creadores e creadoras, que nesta oitava edición volverá a desenvolverse de forma presencial, mantendo todas as medidas de seguridade necesarias para evitar riscos.

Outra das novidades desta edición será que contaremos cunha interesantisima charla de Alberto Guntín, cunha morea de consellos para axudar a impulsar un proxecto nas etapas máis inciais de desenvolvemento. Alberto traballou como director de desenvolvemento de Voz Audiovisual e, posteriormente, formou parte do departamento de ficción de Netflix. A súa experiencia tanto como guionista como na procura e selección de proxectos fai que teña unha visión privilexiada e que poda ofrecer un impagable asesoramento ás persoas que loitan por mellorar os seus proxectos e conseguir facelos realidade.

O Conecta está pensado para poñer en contacto guionistas e directorxs e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeirxs de viaxe. Está dirixido a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento. A mecánica consiste nunha serie de reunións un a un onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el (podedes explicar ideas ou, pola contra, escoitalas e dar consello).

O evento terá lugar o vindeiro día 13 de novembro na Sede da Fundación SGAE, en Santiago de Compostela, e o prazo de inscrición remata o 9 de novembro.

Un encontro organizado por CREA, co apoio da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas. e de AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.

EDICIÓNS ANTERIORES