Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta+ 2019

14 de Decembro de 2019

Obxectivo
da actividade

O pasado 14 de decembro tivo lugar, na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galica , a quinta edición do Conecta +, foro de encontros entre produtores (de dentro e fóra de Galicia) e creadores. Xunto as tradicionais reunións un-a-un, esta ano realizouse por segunda vez  un panel de Pitching no que se presentaron boa parte dos guións subvencionados na última convocatoria de Axudas ao Talento de AGADIC. Cómpre subliñar que esta actividade volveu ter como preludio unha masterclass de Peter Andermatt, responsable da Oficina Media en España, así como dunha serie de titorías personalizadas para os participantes no panel de Pitching, todo isto organizado como ano pasado por AGADIC.

Pero a gran novidade do Conecta Plus 2019 foi a concesión de dous premios, ao mellor proxecto e outro ao máis innovador, que foron votados polos produtores asistentes ao evento así como polos membros do comité avaliador responsable da selección de proxectos participantes na fase final. Os gañadores destes primeiros premios foron Guillermo García López por Ciudad sin sueño e Andrés Goteira por Monstruo. Os galardóns, cunha dotación económica de 1000 e 500 euros respectivamente, foron posibles grazas á contribución do  Departamento de Cultura da Deputación da Coruña.

A esta edición presentáronse un total  de 41 proxectos, dos cales unha comisión avaliadora composta por membros de CREA, AGAG e AGAPI escolleu 23 propostas para a xornada de encontros do 14 de decembro. Nove series de TV e catorce longas, tanto de ficción como de non ficción.

O día 14 xuntáronse na Cidade da Cultura seis produtoras galegas de primeirísimo nivel (Míramemira, Frida Films, Agallas, Portocabo, Ollovivo, CTV) xunto con importantes produtores de fóra de Galicia. Pedro Hernández de “Aquí y allí” (produtor, entre outras, de Magical Girl de Carlos Vermut), María de Puy Alvarado, de “Malvalanda” (produtora, entre outras, de Madre de Rodrigo Sorogoyen), Ahinoa Andraka, produtora de “Doxa” (produtora, entre outras, de “Asier eta biok”), e David Cotarelo, xefe de desenvolvemento de “Plano a plano” (produtores, entre outras, de “Allí abajo”). O criterio para escoller produtores de fóra de Galicia foi abranguer todos os formatos posibles, dende a ficción ao documental pasando polas series.

O 14 de decembro desenvolvéronse na sala Eisenman da Cidade da ultura un total de 80 reunións presenciais.

EDICIÓNS ANTERIORES