Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta+ 2018

15 de Decembro de 2018

Obxectivo
da actividade

O pasado 15 de decembro tivo lugar, na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galica , a cuarta edición do Conecta +, foro de encontros entre produtores (de dentro e fóra de Galicia) e creadores. Xunto as tradicionais reunións un-a-un, a edición deste ano presentou unha novidade: un panel de Pitching no que se presentaron 7 dos 10 últimos guións subvencionados por AGADIC nas últimas convocatorias das axudas de Talento. Cómpre subliñar que esta actividade tivo como preludio unha masterclass de Peter Andermatt, responsable da Oficina Media en España, así como dunha serie de titorías personalizadas para os participantes no panel de Pitching, todo isto organizado por AGADIC.

A esta edición presentáronse un total  de 45 proxectos (14 máis que o ano pasado), dos cales unha comisión avaliadora composta por membros de CREA, AGAG e AGAPI escolleu 23 propostas para a xornada de encontros do 15 de decembro. Dez longametraxes de ficción, dez series de TV, dous documentais, e unha curametraxe.

O día 15 xuntáronse na Cidade da Cultura oito produtoras galegas de primeirísimo nivel (Vaca Films, Frida Films, Agallas, Portocabo, Ollovivo, Zeitun Filmes, Gaita Filmes e CTV) xunto con importantes produtores de fóra de Galicia. Subimos en dous o número de empresas galegas participantes. 

Respecto ás empresas de fóra de Galicia, escollemos dúas produtoras de cinema (Oberon Cinematografica e Lastor Media, ambas de Barcelona) e unha de series (Weekend Studios, de Madrid). Esta última unha produtora emerxente que está xa rodando series para Netflix, e as dúas primeiras produtoras consolidadas no cinema independiente (con títulos como Petra, Tierra firme o Las amigas de Ágata).

O 15 de decembro desenvolvéronse na sala Eisenman da Cidade da ultura un total de 81 reunións presenciais

EDICIÓNS ANTERIORES