Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta+ 2017

16 de Decembro de 2017

Obxectivo
da actividade

O pasado 16 de decembro tivo lugar, no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña, a terceira edición do Conecta +, foro de encontros entre produtores (de dentro e fóra de Galicia) e creadores.  A esta edición presentáronse un total de 31 proxectos, dos cales unha comisión avaliadora composta por membros de CREA, AGAG e AGAPI escolleu 18 propostas para a xornada de encontros do 16 de decembro. Oito longametraxes de ficción, sete series de TV, dous documentais, e unha serie web.

O día 16 xuntáronse no C.C. da Cidade Vella da Coruña seis produtoras galegas de primeirísimo nivel (Vaca Films, Frida Films, Agallas, Portocabo e Ollovivo) xunto con importantes produtores de fóra de Galicia.  Respecto a estes últimos, seguimos dous criterios fundamentais. En primeiro lugar, quixemos seguir abrindo o mapa de invitacións alén de Madrid, Barcelona ou Andalucía, e invitamos a Xabier Berzosa, socio de Moriarty e Irusoin, as produtoras vascas que acadaron 10 premios na última edición dos Goya coa película Handia. Por outra banda, invitamos tamén a Kiko Martínez, dono de Nadie es perfecto, produtora que vén de facer 20 millóns de euros en taquilla con Perfectos deconocidos, e a Carlos Sedes, director e produtor executivo das últimas series da produtora Bambú.

O 16 de decembro desenvolvéronse no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña un total de 64 reunións presenciais.

EDICIÓNS ANTERIORES