Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta+ 2016

26 de Novembro de 2016

Obxectivo
da actividade

O pasado 17 de decembro tivo lugar, no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña, a segunda edición do Conecta +, foro de encontros entre produtores (de dentro e fóra de Galicia) e creadores.

A esta edición presentáronse un total  de 40 proxectos, dos cales unha comisión avaliadora composta por membros de CREA, AGAG e AGAPI escolleu 27 propostas para a xornada de encontros do 17 de decembro. Once longametraxes de ficción, tres series de TV, nove documentais, dúas curtametraxes, unha curtametraxe de animación e un proxecto transmedia.

O día 17 xuntáronse no C.C. da Cidade Vella da Coruña seis produtores galegos de primeirísimo nivel, como son Emma Lustres de Vaca Films, Felipe Lage de Zeitun, Chelo Loureiro de Abano, Luisa Romeo de Frida Films, Paula Cons de Agallas, e Alfonso Blanco e Ana Míguez de Portocabo, xunto con importantes produtores de fóra de Galicia. Respecto a estes últimos, seguimos dous criterios fundamentais. En primeiro lugar, logo da experiencia do ano pasado, quixemos abrir o mapa de invitacións alén de Madrid e Barcelona, e Andalucía pareceunos de feito o lugar ideal para intercambiar experiencias, dadas as súas axudas e perspectivas de coprodución. Por este motivo, a Gervasio Iglesias de LZ producciones. O segundo criterio foi pensar nun perfil de produtores-distribuidores, e por iso invitamos a Manuel Monzón (A Contracorriente) e a María Zamora (Avalon). Por último, invitamos a Adriá Monés (Filmax Catalunya) pola súa traxectoria e proxección persoal e por pertencer á sede principal dunha empresa radicada tamén en Galicia.

O 17 de decembro desenvolvéronse no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña un total de 71 reunións presenciais. Se a estas sumamos as reunións virtuais mantidas por varios dos participantes con María Zamora (Avalon) ao longo desta semana, fan un total de 78 reunión entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia.

EDICIÓNS ANTERIORES