
Obxectivo
da actividade
A primeira edición do Conecta PLUS tivo lugar no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña o 12 de decembro de 2015. Ao evento acudiron os seguintes produtores: Alfonso Blanco e Pepe Coira de Portocabo; Julio Casal de Ficción Producciones; Aritz Cirbián de Niu d’Indi; Xabier Eiris de Vizuals Lab; Rubén García Franco de Daruma Prod.; Felipe Lage de Zeitun Films; Chelo Loureiro de Abano Producións; Emma Lustres de Vaca Films; Oriol Maymó de Corte y Confección de películas; Luisa Romeo de @Frida Films; Manuel san Martín de Areca Films e FILMAX ENTERTAINMENT. Os produtores valoraron un total de 21 proxectos.
Como actividade previa a este primeiro Conecta PLUs, celebrouse unha masterclass no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña co tema “O creador no proceso de captación de recursos” a cargo de Manuel Monzón, produtor executivo de A Contracorriente Fillms.
EDICIÓNS ANTERIORES













