Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Conecta 2014

08 de Novembro de 2014
Fundación SGAE
Ver mapa

Obxectivo
da actividade

O día 8 de novembro de 2014 celebrouse a segunda edición de CONECTA, a xornada de encontro entre creadores. E de novo repetiuse o ambiente creativo e intenso da primeira edición.

Máis de 50 participantes e arredor de 200 reunións ao longo de oito horas, nas que houbo tamén espazo para o debate (especialmente interesante todo o que se falou sobre as diferentes formas de preparar proxectos de cara á súa presentación ante produtores) e para o encontro informal durante as pausas de café e comida.

Desde CREA queremos mostrar o noso agradecemento aos participantes sen proxecto pola súa xenerosidade á hora de  aportar o seu talento e coñecemento; aos participantes con proxecto por darlle sentido a esta actividade, e seguir loitando por xerar  futuras obras audiovisuais; aos compañeiros de AGAG, a Asociación Galega de Guionistas pola súa colaboración e complicidade; a AGADIC polo axuda para a organización do seminario de pitching; e por suposto, á Fundación SGAE e ó seu Consello Territorial de Galicia por ofrecer o seu apoio financieiro e loxístico para esta edición de CONECTA.

EDICIÓNS ANTERIORES