Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Café con CREA en Cans

23 de Maio de 2013

Obxectivo
da actividade

Un encontro diferente. Nesta vez, nun galpón, concretamente no baixo de Moncho, e cun convidado de excepción: o actor e director Karra Elejalde.

Repasamos a súa carreira; as razóns que o levaron a deixar de dirixir; a relación entre actores e directores -e entre directores e produtores -; o que paga a pena deste oficio e o que o converte nun pesadelo.

Unha charla realmente divertida na que Karra tirou da súa honestidade brutal para compartir o mellor e o peor dunha das carreiras máis interesantes no cine actual.

EDICIÓNS ANTERIORES