Directores/as
Mediateca
Volve atrás

Actividade

Bolsa CREA

05 de Novembro de 2025
23:59

Obxectivo
da actividade

BOLSA CREA está destinada a apoiar a escrita de tratamento dun proxecto de longametraxe cinematográfica, de ficción ou documental. Con esta finalidade outorgarase unha única bolsa de 2.000 € para o proxecto que resulte seleccionado.

Unha iniciativa dirixida a ofrecer tempo e apoio nun momento determinante e fráxil do proceso creativo. Determinante porque é deste impulso inicial de onde nacen as grandes historias. Fráxil porque é un momento sen rede de seguridade, sen axudas nin guías.

BOLSA CREA nace do compromiso de CREA por acompañar, ser apoio e motivación para creadores e creadoras de Galicia e en lingua galega. Sempre coa vontade de construír novos espazos. Espazos de visibilidade ao talento do noso sector. Espazos para a consolidación dun ecosistema audiovisual galego diverso, igualitario, profesional e conectado co mundo.

Poderán optar á bolsa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

• Ser socia ou socio de CREA á data de peche da convocatoria.

• Presentar un único proxecto por persoa (tamén no caso de coautoría).

• O proxecto deberá ser orixinal.

• Non ter recibido outra axuda económica. 

• Non ter presentado o proxecto á convocatoria de guión de ICAA 2025.

O prazo de recepción de proxectos será do 16 de outubro ao 5 de novembro de 2025 ás 23:59h. 

Consulta as bases para máis información.

Para outras dúbidas, escribe a coordinacion@crea.gal