Actividade
#AulaCREA”Camiño ou Sirât: o diálogo entre dirección e fotografía”.


Obxectivo
da actividade
Dende a asociación CREA e a Fundación SGAE co apoio de Agadic, convocamos o Ciclo de Masterclasses online “Do papel á pantalla”. Con estas charlas queremos coñecer de primeira man algúns dos procesos que atravesamos como profesionais da dirección e realización audiovisual.
A través da experiencia de cineastas como Carla Simón (Estiu 1993), Celia Rico (Viaje al cuarto de una madre) e Pablo Berger (Blancanieves) nos achegaremos ao seu persoal proceso creativo que están a desenvolver nas súas novas longametraxes de ficción ou animación.
Tampouco queremos deixar de lado os aspectos legais que están presentes no exercicio da nosa profesión. Para afondar neste tema contaremos con Enrich Advocats, gabinete especializado en dereito da propiedade intelectual e imaxe, e con María Mateo, avogada dos servizos xurídicos da SGAE.
Por último, contaremos cunha interesantísima aproximación ao mundo da distribución cun dos maiores especialistas e divulgadores deste eido, Ismael Martín. Estreas, estratexias de festivais, como negociar as ventas ou como elaborar o percorrido do teu proxecto audiovisual son algúns dos temas nos que nos mergullaremos durante as dúas sesións desta masterclass, e nas que Ismael Martín tratará de resolver todas as dúbidas que acheguen as asistentes.
As charlas celebraranse a través da plataforma Zoom e serán de acceso gratuíto e limitadas a socios e socias de CREA e SGAE.
As prazas serán reservadas por orde de inscrición ata o límite de 100 persoas.
PROGRAMA
6 e 7 de Marzo – 11.30h.
Masterclass Ismael Martín – O universo da distribución
11 de Marzo – 20.00h.
Masterclass con Carla Simón – Procesos Creativos
20 de Marzo – 12.00h.
Masterclass con Pablo Berger – Procesos Creativos
25 de Marzo – 18.00h.
Masterclass con Enrich Abogados e María Mateo – Aspectos Legais para profesionais da dirección e realización.
1 de abril – 18.00h.
Masterclass con Celia Rico – Procesos Creativos
EDICIÓNS ANTERIORES

MASTERCLASS CINEMATOGRAFÍA DIXITAL, CON RAFA ROCHE (AEC)
06 de Xullo de 2019
Ver máis 

TALLER DE ANALISE DE GUIÓN E DIRECCIÓN DE ACTORES E ACTRICES
30 de Novembro de 2018
Ver máis 

Obradoiro de Iniciación á técnica Sandford-Meisner
16 de Marzo de 2017
Ver máis 

Obradoiro de dirección de actores con Víctor Duplá
06 de Xullo de 2016
Ver máis 

Obradoiro de montaxe cinematográfica
11 de Abril de 2016
Ver máis 

Crowdfunding Audiovisual
17 de Marzo de 2016
Ver máis 

Taller de Guión
08 de Xuño de 2015
Ver máis 

Conferencia experimental “Os ratos” de Distrukur no S8
05 de Xuño de 2015
Ver máis 

Obradoiro de guión musical no cinema con Conrado Xalabarder
24 de Febreiro de 2015
Ver máis 

Seminario sobre pitching con Paco Rodríguez
22 de Outubro de 2014
Ver máis 

Seminario sobre branded content con Lidia Mosquera
26 de Setembro de 2014
Ver máis 

Obradoiro de non ficción con Isaki Lacuesta “Retratos do invisible”
04 de Xullo de 2014
Ver máis 

Seminario FX visuais con Ferrán Piquer
01 de Xullo de 2013
Ver máis 

