
Obxectivo
da actividade
En Galicia hai un nivel realmente alto de compositores de música para medios audiovisuais e, en moitos casos, os seus traballos son amplamente recoñecidos a nivel internacional.
Pero detectamos que hai pouca conexión entre estes músicos e os directores, guionistas e produtores que están xerando proxectos audiovisuais de todo tipo: longametraxes, series de TV, curtametraxes, videocreacións, etc. A maior parte destes creadores coñece a uns poucos compositores cos que adoita traballar e non é fácil romper esa barreira invisible que provoca a falta de contacto directo.
Por iso, desde CREA (Asociación de Directores Realizadores de Galicia), quixemos poñer en marcha unha iniciativa que tivo como obxectivo promover un coñecemento máis profundo do traballo dos compositores e favorecer o contacto directo entre os principais creadores involucrados nas obras audiovisuais, así como poñer en valor o talento dos creadores musicais de Galicia.
É por isto que organizamos unha xornada de encontros estruturada en catro paneis dunha hora e cuarto de duración, coloquios abertos, pausas de café e comida que favoreceron o encontro informal entre os asistentes e espazos de reunión un-a-un para todo aquel que o requeriu.
PROGRAMA
Moderado por Conrado Xalabarder
Moderado por Ángel Suanzes
Moderado por Belén Regueira
¡Moderado por María Yáñez