Directores/as
Ollo de vidrio

Aberta a inscrición para V Premios CREA

Os premios CREA teñen como obxectivo o de ser un recoñecemento público, por parte das integrantes de CREA, daquelas colegas que destacasen nas distintas facetas da dirección audiovisual. Son os votos das socias e socios os que deciden estes premios anuais.

Dende o 23 de xuño e ata o 6 de xullo de 2020 estará aberto o prazo de inscrición para esta V edición dos Premios CREA. As obras candidatas competirán nas seguintes categorías:

  • MELLOR DIRECCIÓN DE LONGAMETRAXE DE FICCIÓN
  • MELLOR DIRECCIÓN DE LONGAMETRAXE DOCUMENTAL
  • MELLOR DIRECCIÓN DE CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
  • MELLOR DIRECCIÓN DE CURTAMETRAXE DOCUMENTAL
  • MELLOR DIRECCIÓN DE OBRA DE ANIMACIÓN
  • MELLOR DIRECCIÓN DE SERIE TV
  • MELLOR DIRECCIÓN DE SERIE WEB
  • MELLOR DIRECCIÓN/REALIZACIÓN DE PROGRAMA TV
  • MELLOR DIRECCIÓN DE VIDEOCLIP
  • MELLOR DIRECCIÓN DE SPOT OU CAMPAÑA PUBLICITARIA
  • MELLOR DIRECCIÓN DE OBRA EXPERIMENTAL
  • PREMIO DE HONRA

Para máis información, consultade as bases desta V edición dos premios CREA.

Para inscribir as vosas obras, completade este formulario.