Os premios CREA teñen como obxectivo o de ser un recoñecemento público, por parte das integrantes de CREA, daquelas colegas que destacasen nas distintas facetas da dirección audiovisual. Son os votos das socias e socios os que deciden estes premios anuais.
Dende o 30 de xuño e ata o 5 de agosto de 2021 estará aberto o prazo de inscrición para esta VI edición dos Premios CREA. As obras candidatas competirán nas seguintes categorías:
- MELLOR DIRECCIÓN DE LONGAMETRAXE DE FICCIÓN
- MELLOR DIRECCIÓN DE LONGAMETRAXE DOCUMENTAL
- MELLOR DIRECCIÓN DE CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
- MELLOR DIRECCIÓN DE CURTAMETRAXE DOCUMENTAL
- MELLOR DIRECCIÓN DE OBRA DE ANIMACIÓN
- MELLOR DIRECCIÓN DE SERIE TV
- MELLOR DIRECCIÓN DE SERIE WEB
- MELLOR DIRECCIÓN/REALIZACIÓN DE PROGRAMA TV
- MELLOR DIRECCIÓN DE VIDEOCLIP
- MELLOR DIRECCIÓN DE SPOT OU CAMPAÑA PUBLICITARIA
- MELLOR DIRECCIÓN DE OBRA EXPERIMENTAL
- PREMIO DE HONRA
Para máis información, consultade as bases desta VI edición dos premios CREA: https://www.crea.gal/bases-premios-crea_2021/
Para inscribir as vosas obras, completade este formulario.
