Directores/as
Ollo de vidrio

A XIII Semana Internacional de Cine de Betanzos homenaxea a Jorge Algora

Hoxe arrancou a XIII edición da Semana Internacional de cine de Betanzos coa boa nova de que está dedicada integramente á figura do director e compañeiro de CREA Jorge Algora, á súa compañeira e produtora executiva Susana Maceiras, e á súa produtora Adivina producciónes.
Desde hoxe e ata o vindeiro día 24 no Cine Alfonsetti de Betanzos que recupera para a ocasión a proxección de cine tras dez anos inactiva, teremos a oportunidade de facer un percorrido pola filmografía de Jorge en formato longa:

luns 22
13h. La mirada de Ana (doc. Dir. Jorge Algora e Lorneç Soler)
20h. Mintiendo á vida (telefilme. Dir. Jorge Algora) coa presencia de Chete Lera.

martes 23
12h. Camiño de Santiago, a orixe (doc. Dir. Jorge Algora), coa presenza do actor Rubén Ríos e a directora artística Alexandra Fernández.
20h. El niño de Barro (Long. Dir. Jorge Algora) Chete Lera, o coguionista Héctor Carré e o compositor Naní García.

mércores 24.
12h. A pesar de todo, quérote. (telefilme. Dir. Jorge Algora) Coa presenza dos actores Deborah Vukusik, Lúa Testa, Christian Escudero, Rubén Prieto, Estíbaliz Veiga e Mariana Expósito.
20h. Inevitable. (Long. Dir. Jorge Algora) Clausura do festival, coa presencia de Deborah Vukusik e o coguionista Hector Carré.

Xa non temos desculpa para non dar unha volta por Betanzos e desfrutar de todo o que se nos ofrece por alí.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta