Directores/as
Ollo de vidrio

A productividade, o Santo Grial do noso tempo.

No último artigo escribín sobre o Celtx que era un programa pensado para escribir guións audiovisuais. Hai outros moitos, ainda que non son libres nin gratuitos, o Final Draft ou ou o Movie Magic son os mais coñecidos. Estes programas teñen a función de facilitar a escritura audiovisual e polo tanto aumentar a productividade á hora de escribir.

Pódese dicir que a productividade é dicir, sacarlle o máximo partido ao noso tempo, é o novo becerro de ouro.

Últimamente ao parecer está arrasando un libro de autoaxuda chamado “Get Things Done” GTD escrito por un tal David Allen, que non lin, así que non o podo recomendar. Pero si que vin en varios blogs comentarios sobre o seu método.

Tampouco é nada novo. Sentido común aplicado á organización temporal.

Moi resumido o método parece consistir en anotar todos os nosos pensamentos e proxectos de xeito organizado para poder sacalos da nosa cabeza

Unha vez sacados da cabeza podemos concentrar a nosa enerxía no que realmente importa que é levar os proxectos a cabo.

A idea parece sinxela e, como non, hai programas que nos axudan na tarefa.

thinking rock

Coñezo en concreto dous: o ThinkingRock GTD e tamén o GTD-PHP ámbolos dous gratuitos e multiplataforma.

Aplican os conceptos do libro a un programa de ordenador con vistas a facilitar a tarefa de levar a cabo os nosos proxectos.

En todo caso coma nos programas de escritura de guións non fan as cousas soas, son ferramentas que segundo as utilicemos funcionarán ou non.

Outra dos grandes ininmigos da productividade é a procrastinación que consiste básicamente en deixar todo para o último momento.

Ou tamén deixarse levar polas distraccións en vez de concentrarse no traballo.

Para evitar esto tamén hai outros métodos como o de empregar períodos de tempo cortos pero intensos intercalados con pausas breves.

Tamén sacar de diante canto antes o traballo desagradable para poder adicar mais tempo ao que nos gusta. Como cando comemos cocido e deixamos o chourizo para o final.

Pero de iso xa falaremos noutro momento.