![]() | Se non tiveches ocasión de acercarte ao OUFF ou a Cienuropa a ver A Mirada de Anna, documental codirixido polo noso compañeiro Jorge Algora, e por Lorenç Soler, tes unha nova oportunidade, este sábado ás 12:30 en palexco, na Coruña, dentro da programación de AchegArte. O documental céntrase na mirada da fotógrafa catalá Anna Turbau, que en 1976 trasládase como reporteira gráfica a Galicia. As súas imaxes, sempre comprometidas coa loita social, convertéronse en auténticos iconos dos inicios do fotoperiodismo en Galicia. “A mirada de Anna” está dirixido por Lorenç Soler e Jorge Algora, coa produción executiva de Susana Maceiras e Oriol Porta, é unha coprodución de Adivina Producións e Área de Televisió coa colaboración de TVG, TV3, Xunta de Galicia e Generalitat de Catalunya. |
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.