Directores/as
Ollo de vidrio

5×5 Webseries Pablo Cacheda vs Veru Rodríguez

No noso 5×5 de hoxe visitamos o mundo das webseries onde dous especialistas na materia, os nosos compañeiros Pablo Cacheda, director de Clases de lo social e Veru Rodríguez, director de Mírame cuando te hablo, amósannos as súas preferencias nesta Carta Branca.

Pablo Cacheda: “VGHS” (Video Games High School)
Probáblemente a miña favorita, o gran referente tanto técnicamente como en seguidores. Trama moi adolescente pero acción tremenda e unha postproducción de escádalo para unha webserie, sobretodo pola man de Freddie Wong.

Veru Rodríguez: Shaun the shepp
Incrible serie de animación sen diálogos, humor e entretemento para tódolos públicos realizada coa técnica stopmotion. O que máis me gusta desta serie é que a pode disfrutar calquera xa que non usan diálogo e ademáis, creo que anque pareza máis orientada a un público infantil, pode vela calquera.

Pablo Cacheda: “Fall Out, Nuka Break”
Baseada no universo do videoxogo “Fall Out, New Vegas” consiguen unha ambientación tremendamente fiel, postapocalipsis a tope. Tres personaxes coidadas, boa banda sonora… Segunda temporada da man de Machinima, expertos recreación de xogos.

Veru Rodríguez: Malviviendo
Unha webserie que demostra algo importante e é que con gañas e moito traballo pódense facer cousas moi boas con poucos recursos, moi entretida e currada!

Pablo Cacheda: “El gran día de los feos”
Se cadra do mellor en técnica e ambientación en España. A sua distribución é a través dunha APP o cal non me gusta, pero a trama e xenial, orixinal, graciosa e moi coidada.

Veru Rodríguez: Cálico Electrónico
É unha mítica serie de animación flash que tivo gran repercusión non só aquí en España. É moi recomendable se aínda non a vichedes, unha webserie que se convirtiu en todo un fenómeno e como non, nunha das miñas favoritas.


Pablo Cacheda: “S.O.P.A” (Sabiduría Original Prácticamente Absurda”
Bebe de series como “Dates”, diferentes citas, capítulos autoconclusivos, áxil, sen alardes e moi entretida. Incomprensible que non teña máis seguidores, unha das miñas “descoñecidas” favoritas.

Veru Rodríguez: Entre pipas
Webserie na que traballan con poucos recursos pero apostando moito polo guión. Os capítulos son cortiños pero suficiente para facerche pasar un bo rato. O formato é moi orixinal e moi ben orientado a internet.

Pablo Cacheda: “Entertainment”
X
a que poñer “Malviviendo” sería moi normal, poño “Entertainment”. Facer un spin off da túa propia webserie xa ten mérito de por si. Humaniza aos personaxes, mantendo o seu toque en “Malviviendo”. Todo un reto.

Veru Rodríguez: Crónicas Drakonianas
Esta webserie de fantasía que ten lugar en Drakonia, unha terra fantástica, é unha produción española e de baixo orzamento pero cun gran traballo técnico detrás. Non deixa indiferente.