Directores/as
Ollo de vidrio

5×5 Series Tv. Jorge Saavedra vs Giselle Llanio.

No 5×5 de hoxe falamos de series de televisión, e dese saben moito dous dos nosos socios acostumados a traballar dirixindo series: Jorge Saavedra e Giselle Llanio.

Jorge Saavedra: “24”
Acción a tope e miles de xiros sorprendentes de guión. Recoñecida internacionalmente como serie que crea adicción.

Giselle Llanio: “Breaking Bad”
Imprescindible!!! A estas alturas non é perdoable non tela visto. O guión, a posta en escea, realización e interpretación desta serie, son unha clase maxistral.

Jorge Saavedra: “The X-Files (Expediente X)”
Serie sobre fenómenos estranos, OVNIs, conspiracións e monstruos diversos. A trama arco vaise resolvendo cada catro ou cinco capítulos e no medio podemos disfrutar de auténticas mini-películas que tratan temas fantásticos ou de ciencia-ficción do máis diversos.

Giselle Llanio: “From there to here”
Son só 3 capítulos, unha peza interesante. Chamoume a atención o ben deseñadas que están as relacións entre as personaxes. Desenvólvese nun entorno familiar e basicamente a historia sustentase nos conflictos entre eles. O máis chamativo son as interpretacións.
[dailymotion id=”x1w8hmu”]

Jorge Saavedra: “Friday Night Lights”
Serie sobre os problemas cotidianos que padecen os xóvenes dunha pequena localidade de Texas, na cal a súa máxima aspiración para conseguir éxito é xogar no equipo de football do instituto. Drama familiar, denuncia social, relacións xuvenís e altas doses de puro realismo, sobre todo a nivel interpretativo e estético.

Giselle Llanio: “Mad Men”
Tenme enganchada, especialmente as personaxes femininas. Non é doado atopar series onde as personaxes femininas estén tan ben confeccionadas. Aquí as mulleres non parecen caricaturas.

Jorge Saavedra: “Battlestar Galactica”
Serie ambientada no espacio. A humanidade perdeu o seu planeta drasticamente e vese obrigada a vagar polo espacio na procura dun novo fogar. Para elo deberse establecer un novo goberno e estamentos, ademáis de lidiar con varios problemas intrínsecos dunha nova sociedade, a orde pública, a alimentación, fontes de enerxía, diversas relixións e por suposto, perigos agochados.

Giselle Llanio: “Larry David”
Esta pareceume moi divertida e disparatada, a duración dos capítulos é magnifica porque se fai corta e ó rematar deixate cun sonriso nos beizos.

Jorge Saavedra: “The walking dead”
Serie de zombies e algo máis. O apocalipse zombie chegou, pero, salvando o momento do susto inicial, que facer a continuación? A serie trata dos problemas cotidianos da humanidade nas súas horas máis baixas, cando a sociedade actual desapareceu e a xente ten que volver a aprender a convivir uns con outros para poder sobrevivir ante a adversidade.

Giselle Llanio: “EXTRAS”
É unha sitcom británica, protagonizada por Ricky Gervais e Stephen Merchant. Sinxelamente fantástica. Amosa dunha maneira moi orixinal todos os entresixos dunha rodaxe desde a perspectiva duns figurantes. O tema recurrente é: a ambición por chegar a ter un pequeno papel, estar no mesmo encadre que o prota ou simplemente conseguir una frase.
[dailymotion id=”x3uir5″]