O presente ano celébrase o 25 aniversario da estrea de tres filmes fundacionais do que hoxe coñecemos como Cinema Galego. Trátase de “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, “Urxa” de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, e “Continental” dirixida polo noso socio Xavier Villaverde. Para conmemorar esta efeméride a Cidade da Cultura acolle unha exposión onde ademáis de facer un percorrido pola nosa historia cinematográfica recente poderán verse estes 3 filmes tódolos venres, sábados e domingos a partires das 18h.
Á súa vez, o Centro Galego das Artes da Imaxe, CGAI, inclúe na súa programación de decembro unha ampla retrospectiva do cinema galego partindo dalgúns traballos realizados antes dese 1989 e ata hoxe. Unha retrospectiva que conta cunha amplísima participación de CREA nos títulos escollidos para esta conmemoración. A programación do CGAI pódese consultar aquí.
Na presente semana, hoxe mércores día 3 poderemos ver “Martes de Carnaval” dirixida por Pedro Carvajal e a curtametraxe “O milagre da carne” de Javier Codesal na sesión das 18h. Na sesión das 20.30h poderase ver “La matanza canibal de los garrulos lisérgicos” de Toñito Blanco e a curtametraxe “As Muxicas” de Carlos Alberto Alonso.
Mañá ás mesmas horas contaremos na sesión das 18h con filmes de dous dos nosos socios, “Dame Algo” de Héctor Carré e a curtametraxe “Contar” de Teo Manuel Abad. E na das 20.30h “Arde Amor” de Raul Veiga e “O desexo” de Miguel Castelo.
O venres pola súa banta poderemos ver “Era outra vez” de Juan Pinzás e “Una estrella” de José Luís Ducid ás 18h. E na sesión das 20.30h “Coruña Imposible” de Paco Rañal e “Blanca Madison” a primeira longametraxe do noso socio Carlos Amil.

