Directores/as
Ollo de vidrio

1ª Mostra de Videoclips Cidade da Coruña

Este venres 26 terá lugar a presentación da 1ª Mostra de Videoclips Cidade da Coruña “VIDEO KILLED THE RADIO STAR” na Fnac da Coruña, ás 19:30h.
A mostra que se desenvolverá do 29 de xuño ao 4 de xullo fará un exhaustivo percorrido pola producción de vídeo musical en Galicia.
A programación divídese en catro bloques temáticos:
Blow Up ”Inxenio e creatividade” (29-xullo)
The Last Waltz:”Sentido e sensibilidade” (30 xullo)
Easy Rider ”Orgullo e paixón” (1 xuño)
Velvet Goldmine “Tendencia e Modernidade” (2 de xullo)

Cada bloque de proxeccións contará con presentacións, mesas redondas, coloquios, concertos, e outras interesantes actividades paraleleas en diferentes locais da Coruña, todas elas arredor do mundo do videoclip.

As mesas redondas e debates , e algunhas das proxeccións terán lugar no CGAI. A actividade trasladarase acto seguido a locais coruñeses, Garufa, Pub Picasso, Loft 46, ou Velvet entre outros.

Segundo a organización:
“O vídeo clip, aínda que nado coma neto do cine e irmá pequeno da televisión, antóxasenos na actualidade coma fundamental soporte da produción musical de artistas e empresas galegas. É -por tanto- preciso, que vaia recuperando ese lugar propio e mais que merecido que ostentaba nun pasado non tan afastado. Facer que iso sexa unha realidade é a nosa verdadeira é única motivación”.

Máis información e programación de tallada na web: http://www.mostravkrs.com/

Interacciones del lector

Deixa unha resposta