YouTube Creator Playbook, Guia de publicación en YouTube


O equipo de YouTube ven de publicar a primeira edición da “YouTube Creator Playbook“ unha guía que da consellos sobre como eles cren que ten que ser un vídeo para que obteña moitas visitas ou para mellorar a visibilidade das nosas producións na súa plataforma.
A guía está especialmente redactada para traballar en Youtube, e repasa tanto conceptos de contido, como todas as ferramentas que a marca pon á nosa disposición, pero case que todos os conceptos que aborda poden ser aplicados para calquera outra plataforma na que traballemos (Vimeo, Metacafe, Blip…) e non deixa de ser un repaso por moitos dos puntos que axudan a conseguir que un vídeo acade a famosa viralidade.

Estratexias, contidos, análise, metadata, promoción, ou relación coa audiencia son moitos dos temas que se tratan neste documento que podes descargar de balde nesta ligazón. (Podedes tamén consultalo na imaxe superior)
Polo momento desgraciadamente só existe versión en Inglés.

Compartir