Manuel_Cortes_and_Ernesto_Chao

Xavier Bermúdez acada o Premio Love is Folly con “O ouro do tempo”

O último filme do noso socio Xavier Bermúdez, “O ouro do tempo”, recibiu a pasada fin de semana o Premio Especial do Festival and Congress Centre Varna, Love is Folly, na localidade búlgara de Varna. O filme, interpretado por Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés e Marta Larralde tivo a súa Premiere mundial na pasada edición do prestixioso Festival de Karlovy Vary e continúa a súa xeira por festivais. A próxima cita será en Santiago de Chile no Festival Cine de Amor antes da súa estrea en salas a finais deste mes de xullo.
Ademáis o filme, que narra a historia dun doutor do rural que mantén na súa casa o cadáver crionizado da súa muller desde hai máis de corenta anos, foi seleccionado para formar parte dunha restrospectiva que o Festival Internacional Regiofun de Katowice en Polonia, adicará ó cineasta galego Xavier Bermúdez.Desde CREA querémonos sumar ós parabéns pola magnífica traxectoria do filme e desexarlle un exitoso paso polas salas.

Trailer “O ouro do tempo”

Compartir