eugeni-bonet-133

Xa está en marcha a 7ª Edición da (S8) cun especial AulaCREA

O “Acorazado Potemkin” é o filme inaugural co que se inicia a xa 7ª Edición da Mostra de Cinema Periférico (S8). O filme de Sergei M. Eisenstein, que data de 1925, será proxectado hoxe luns día 30 no Teatro Rosalía da Coruña e sonorizada en directo polo pianista e compositor Chris Jarrett.

E tras o filme inaugural un bo feixe de actividades que comezaron hai uns días coa chamada MiniS8, un espazo adicado ós máis cativos e que este ano tivo como protagonista ó noso compañeiro Miguel Mariño quen impartíu un obradoiro de fabricación de proxectores caseiros.Miguel Mariño MiniS8 Miguel Mariño Mini S8 2

A programación contará con importantes focos das figuras convidadas como a galega Xiana Gómez, Martha Colburn, Saul Levine, Nicky Hamlyn ou William Raban, quen impartirá unha masterclass na mañá do sábado. Igualmente, o festival promoverá un encontro entre mulleres cineastas e a proxección do filme Cinema e Muller no cal participa, entre outras directoras, a nosa compañeira Sonia Méndez.
Cinema e Muller

Ademáis, Crea participará nesta edición cunha especial AulaCREA que consistirá nunha masterclass do artitsta Eugeni Bonet que terá lugar no Centro Galego das Artes da Imaxe o vindeiro venres ás 11.30h con entrada gratuíta ata completar aforo. Ademáis dunha charla na cal coñeceremos o porqué do apego polo found footage, o azar e os refugallos audiovisuais do autor, poderemos ver dúas das súas obras, “133″ realizada entre os anos 1978 e 1979 e “eGolem (unha de medo)”, un work in progress do ano 2014 dunha obra aínda sen rematar.
eugeni-bonet-133

 

 

Compartir