Captura de pantalla 2016-10-17 a las 10.44.59

Xa está aquí a XVII Edición da Mostra de Curtas Vila de Noia

Fai 17 anos botaba a andar a Mostra de curtas vila de Noia que neste ano 2016 chega á súa XVII edición da cal é membro da súa organización o  noso compañeiro Luís Aviles.

Captura de pantalla 2016-10-17 a las 10.44.59

40 son as obras que competirán por facerse co galardón á mellor curtametraxe, entre elas dúas dos nosos socios. Quen se achegue a Noia durante os días do festival poderá disfrutar de Einstein-Rosen, o novo traballo da nosa compañeira Olga Osorio que ven de presentarse con notable éxito na sección oficial de curtametraxes de Sitges.

Captura de pantalla 2016-09-19 a las 11.49.49
Igualmente poderán ver Lurna, curtametraxe dirixida por Nani Matos que acadou 3 galardóns na última edición do Festival de Cans e que recentemente acaba de ser premiada co premio á mellor actriz para Diaryatou Daff Alhamdoulilah, na pasada edición do Hendala Film Festival.

 

Compartir