FICBUEU

Xa está aquí a IX Edición do FICBueu

ficbueu2015

Máis de medio cento de curtas de todo o mundo exhibiranse este ano nas seccións Competición, Galicia, Comedia, Animación, Iberoamérica e Panorama, participarán na que será a IX Edición do FICBueu.
O Festival que se desenvolverá entre os días 10 e 18 de setembro contará este ano cun amplo programa de actividades. Neses días o Centro Social do Mar de Bueu acollerá 3 proxeccións diarias de curtametraxes en sesións de 18h, 20h e 22h.
Na presente edición o xurado estará formado pola actriz brasileira Joana de Verona, o noso socio Xoan Escudero e o guionista e realizador portugués André Marques. Este último será o protagonista dunha das retrospectivas que realizará o festival.

Xoan Escudero xurado FICBueu 2016

O actor Celso Bugallo, gañador dun Goya polo seu traballo en “Mar adentro” será o protagonista dun encontro cos asistentes ó Festival. Igualmente, o FIC acollerá  conferencias sobre os inicios do Cine galego e sobre o cineasta Stanley Kubrick así como unha Mostra de traballos realizados en centros educativos, desde a escola ata a universidade.

celso_bugallo

 

Compartir