Eloi dominguez chanfaina

Xa está aquí a III Edición da Chanfaina Lab

Chanfaina III

O Concello de San Sadurniño volveu acoller un ano máis a Chanfaina Lab, un encontro de cineastas que ano a ano vai ampliando tanto autores participantes como actividades.
Unha edición marcada pola presencia de importantes nomes do noso audiovisual como Lois Patiño, Carla Andrade ou Eloy Domínguez-Serén e onde volvemos ter unha importante representación de CREA a través dxs nosxs compañeirxs Ángeles Huerta, Marta Piñeiro e Jorge Coira.

Ángeles Huerta Chanfaina

Nesta ocasión, ademáis do tradicional reto de rodar unha curtametraxe nunha fin de semana, a Chanfaina contou coa presentación de dúas longametraxes recentes que abordan o mundo rural. Trátase de “Verengo”, ópera prima do cineasta Victor Hugo Seoane estreada no Festival de Sevilla e que puido verse na pasada edición do BAFICI, e do documental “A Seara” dirixido por Pepe Coira que acudiu á Chanfaina a presentar o filme.

Pepe Coira Chanfaina

Igualmente, as cineastas Sabela Pernas e Ana Seijo foron as responsables do obradoiro “Retrata San Sadurniño: son de aquí e miro así”, onde se convida ós veciños a sumarse á Chanfaina a través da súa propia ollada.

sabela pernas chanfaina

En 2017 veremos o resultado desta III Edición.

 

 

 

Compartir