Carlos Barros.Entrevista gravación documental

Vigo 1972. A hora da verdade

O filme rememora uns feitos que convertiron a Vigo no centro de atención a nivel de estatal e europeo.

Carlos Barros.Entrevista gravación documental

 

A longametraxe documental ‘VIGO 1972. A HORA DA VERDADE’ inicia a rodaxe a finais de agosto e trata os feitos acontecidos en Vigo en setembro do 1972, cando o despido de 5 traballadores da factoría Citröen que reclamaban a xornada de 44 horas derivou nunha folga xeral que paralizou a a bisbarra durante semanas e na que participaron mais de 30.000 trabadores que foron quen de poñer contra as cordas ao réxime franquista.

A pelicula, escrita e dirixida por Roi Cagiao e producida por Emilio J. Fernandez, pretende recuperar un episodio da historia galega e viguesa agazapado no subconsciente colectivo de moitos e descoñecido por outros. A pertinencia dunha obra audiovisual en formato documental sobre estes feitos ven dada polo interese histórico e social dese momento. O proxecto conta co testemuño dos protagonistas dos feitos, entre os entrevistados figuran distintos dirixentes politicos e sindicais da época como Waldino Varela, Juan Benavides, Carlos Núñez, Carlos Barros, Juan Bacariza, Francisco Lores e Rafael Pillado entre outros O documental conta coa colaboración do Foro pola Memoria de Galicia e a participación da Asemblea Republicana de Vigo e da Unión Comarcal de CCOO Vigo. Jose Gomez Alen e Alberto Alonso Gallego son os asesores historicos desta obra documental.

Compartir