Irmandiños, Castelo de Moeche

Esta é unha produción de Sun Lúa para o Museo do Castelo de Moeche. Un traballo que tenta explicar de maneira divertida, en só sete minutos, os feitos básicos da revolución irmandiña e as súas consecuencias. O vídeo pode verse no museo do Castelo. Trátase dunha produción pequena, de poucos medios e baixo orzamento, na que ademais de dirixir e escribir o guión fixen a fotografía. Cando non hai, non hai. Ano de produción 2008