El Método Sueco

Cunha idea minimalista e aproveitando as liberdades de internet, Porco Bravú lanza o seu proxecto máis arriscado ata o momento. El Método Sueco é unha webserie na que dous irmáns falan en diferentes situacións e ao mesmo tempo, un experimento de comedia colaborativo no mundo das webseries. Cun humor sen tapuxos e con liberdade creativa absoluta, moitos dos guionistas do momento de comedia para internet colaboran con guións para estes dous irmáns, aportando a súa perspectiva do humor a través deste formato.