mirame cuando te hablo

Veru Rodríguez falanos de Mírame cando te falo

MIRAME CANDO TE FALO é unha web serie que naceu dentro de Idendeaf, e está dirixida por Veru Rodríguez. A súa primeira tempada tivo gran repercusión e o equipo xa está a rodar a segunda tempada.

posiblemente a primeira webserie para todos os públicos

Con nomicacións en distintos festivais, a web serie recibiu o Premio á “Mellor Comedia” no “Festival Internacional de Cine en Lingua de Signos de Toronto e o 1º Premio no “Festival de Lingua de Signos de Andújar, España. Falamos co noso compañeiro, Veru Rodríguez sobre esta serie.

 

 

Como definierías a serie e cantos capítulos tendes deseñado gravar para a segunda tempada.

VERU: Posiblemente a primeira webserie para todos os públicos, Na primeira tempada sumáronse as ganas e a necesidade e decidimos gravar nada máis e nada menos que trece capítulos. Agora estamos a traballar na segunda tempada e seguimos na mesma liña, trece capítulos duns 15 minutos de duración.

Unha primeira tempada que acadou moita respercusión en festivais por todo o mundo.
Os que traballamos no proxecto “Mírame cuando te hablo” pensamos que é inaceptable que as persoas xordas aínda non gocen de contido de entretemento na súa propia lingua, lingua que é oficial dende 2007 neste país. Nós, dende Idendeaf, (Asociación que se dedica a formar a persoas xordas e a producir contidos en lingua de signos), realizamos esta serie para ofrecer entretemento a un colectivo de miles de persoas que practicamente non teñen acceso ao entretemento e á información. A verdade que non só cumpriu coas expectativas, senón que as superou. Ter conseguido reunir un público oínte e xordo nunha mesma sala gozando dun contido ao mesmo tempo sen necesidade de subtitulado ou outro tipo de ferramenta de accesibilidade, para nós é superar de sobra as expectativas. Non quero que se me malinterpretar cando falo das ferramentas de accesibilidade, os meus pais son xordos e sei de primeira man o que significaron, pero sigo pensando que non son suficientes. Cando estreamos o capítulo 1, a nosa web colapsouse e estivo inoperativa durante 15 longos minutos. Segundo os datos da web, só o primeiro minuto de emisión tivemos unha media de 400 entradas por segundo. Por outro lado, falando de festivais, estamos moi satisfeitos, participamos coa webserie en Inglaterra, Hong Kong, España e Canadá.

mirame cuando te hablo
Tivestes algunha referencia ou influencia á hora de producir a webserie?
Modelos a imitar e referencias practicamente ningunha. Hai moi pouco cine en lingua de signos. Aquí en España se que é verdade que se veñen realizando contidos en lingua de signos dende hai moitos anos, pero insuficientes e inaccesibles se non vas velos a un festival. Na comunidade xorda española, fálase dunha longametraxe en súper 8 que se rodou polos anos 70, pero que nunca viu a luz. Fóra de España, como por exemplo, en Estados Unidos ou Inglaterra, se que podes encontrar algo máis de contido en lingua de signos. De todos os xeitos, practicamente fomos descubrindo estes contidos a medida que iamos participando en festivais, etc. Respondiendo á pregunta, creo que o modelo que máis influíu en “Mírame cando te falo” son as obras de Chaplin das que gozaba sen parar de pequeno.

Como será esta segunda temporada., que novidades hai respecto á anterior.
Esta segunda tempada estará formada por 13 capítulos duns 15 minutos de duración cada un. As melloras desta segunda respecto á anterior é a incorporación dunha persoa para maquillaxe e a participación de persoas xordas na elaboración dos guións. A rodaxe estámolo levando a cabo en fins de semana e algunhas tardes libres, empezamos a rodar hai unhas semanas e planeamos rematar en setembro.

Dende CREA, gostamos de fixarnos na realización e dirección. Veru, como plantexas a realización da serie.
Na primeira tempada tivemos grandes retos que superar, como a narrativa, a lingua de signos, a cultura xorda, a dobraxe, a adaptación dos guións xa que culturalmente estaban escritos por oíntes e había que adaptalos á cultura xorda, o sistema de traballo en rodaxe, o silencio, etc. Despois de superar algúns destes retos, o que se nos formula agora de novo é a narrativa, o ritmo e a dobraxe. Falando por exemplo da narrativa, para os que estamos afeitos a un ritmo determinado nos contidos, despois de ver estawebserie se que che pode dar a sensación de que é algo “lenta”,narrativamente falando. Agora o que toca é ir corrixindo e mellorando estes puntos.

Rodar con persoas xordas debe implicar certas particulariedades. Algunha anécdota.

Buff, temos miles de anécdotas. Por exemplo, o ano pasado rodando uns dos capítulos, un dos actores principais tiña que facerse o durmido no sofá. Empezamos a rodar a escena e o actor (persoa xorda), pechou os ollos. Cando finalizamos e cortamos a escena, todo o equipo técnico nos reunimos para revisar o que nos tocaba rodar a continuación. Despois duns longos minutos, o actor aínda seguía facéndose o durmido no sofá.

Grazas por dispor dun oco para conversar con nos. Algo que desexes engadir.
Para os que non coñezades a webserie, anímovos a que lle botedes unha ollada e a que vos animedes a ver ou realizar cine nun idioma que tamén é noso, que é marabilloso unha vez descóbrelo e traballas con el.

Compartir