Agadic

Versión simplificada das Axudas a desenvolvemento de AGADIC

A Axencia Galega de Industrias Culturais, AGADIC, ven de publicar as Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega dotado cunha partida orzamentaria de 175.000€ distribuído en dúas anualidades das cáis 25.000€ corresponden a 2014 e os 150.000€ restantes a 2015. O prazo para entrega dos proxectos rematará o vindeiro 29 de agosto. No caso de que a documentación non esté debidamente cumprimentada o interesado será requerido para que enmende o erro advertido nun prazo de 10 días hábiles.
A continuación presentámosvos unha versión reducida e simplificada da orde. O texto íntegro pode consultarse aquí.

Requisitos básicos dos Beneficiarios

  1. Persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes.
  2. Os beneficiarios deberán ter un contrato cun autor ou guionista.

Aínda que se presenten varios proxectos só poderá subvencionarse un proxecto por solicitante. Non está permitido presentar o mesmo proxecto por parte de 2 empresas distintas. Así mesmo tampouco se poderá presentar o mesmo proxecto a dúas modalidades distintas.

Modalidades e Importes Máximos

  1. Longametraxes cinematográficas de ficción e animación, cunha duración superior aos 75 minutos. 20.000€
  2. Longametraxes e miniseries de ficción para televisión. As miniseries deberán ser de dous capítulos cunha duración mínima de 52 minutos cada un. 15.000€ as longametraxes e 20.000€ as miniseries
  3. Pilotos de series de animación para televisión cunha duración mínima global de 130 minutos. 20.000€
  4. Pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores. 10.000€

Documentación

  1. Memoria da empresa, conforme o modelo recollido no anexo II.
  2. Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (produtora audiovisual), no exercicio actual.
  3. Se o solicitante é unha persoa física, DNI ou NIE do solicitante
  4. Se o solicitante é unha persoa xurídica: Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente. Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda. Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
  5. Orzamento dos traballos de desenvolvemento para o cal se solicita a subvención segundo o modelo que figura no anexo III destas bases.
  6. Información sobre o tipo de proxecto, intencións artísticas e público obxectivo.
  7. Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha folla.
  8. Guión ou, de ser o caso, tratamento secuencial do proxecto.
  9. Documentación compulsada ou cotexada e acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e/ou de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.
  10. Currículo e historial do guionista e do director proposto.
  11. Acordo asinado co guionista e/ou director para a realización das tarefas de desenvolvemento.
  12. Historial da empresa produtora solicitante e do produtor executivo en canto a obras audiovisuais realizadas, o percorrido das ditas obras en festivas e outros certames audiovisuais, distribución nacional, vendas internacionais e/ou repercusión en televisión.
  13. Cronograma do proceso de desenvolvemento e calendario desagregado de gasto para a execución.
  14. Orzamento estimado da produción audiovisual.
  15. De ser o caso, relación e currículo dos profesionais e/ou empresas propostos para levar a cabo os traballos de desenvolvemento obxecto da subvención.
  16. Calquera outra documentación que o solicitante xulgue conveniente para a mellor defensa do proxecto.

Criterios de Valoración

  1. Calidade e orixinalidade do guión ou do tratamento secuencial achegado: terase en conta o interese e creatividade da proposta, a presentación narrativa, a súa contribución á diversificación do panorama audiovisual galego ou calquera outro aspecto diferenciador con respecto a obras xa existentes. Ata 15 puntos.
  2. Traxectoria de produtora/director/guionista: máximo 20 puntos.
  3. Viabilidade do proxecto e potencial de internacionalización: máximo 15 puntos.
  4. Contribución do proxecto ao fomento do sector audiovisual galego: máximo 20 puntos.

    NOTA: Pódense consultar máis detalladamente o desglose de puntuacións para cada un destes epígrafes no apartado 12 da Orde.

Comisión de Valoración

Os proxectos serán avaliados porexpertos independentes e estará presidida polo director da Agadic ou persoa en quen delegue. Da comisión formarán parte tres vogais, un deles do cadro de persoal da Agadic, e os outros dous profesionais de recoñecido prestixio nas diferentes áreas e funcións da industria audiovisual ou do ámbito da cultura. Actuará como secretario unha persoa designada polo director da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic, con voz e sen voto.

Gastos subvencionables
Soamente se consideran gastos subvencionables:

1. Dereitos. Adquisición de dereitos de autor.

1.1. Obra preexistente.

1.2. Obra orixinal.

2. Desenvolvemento de guión.

2.1. Asesoramento externo (analista, dialoguista, argumentista, consultor).

2.2. Reescritura e/ou adaptación.

2.3. Tradución.

3. Gastos xurídicos. Gastos derivados do asesoramento e redacción de documentos relacionados con: dereitos de obra, coproducións, prevendas, acordos de compromiso e contratos cos profesionais participantes no proxecto.

3.1. Asesoramento xurídico.

3.2. Actos xurídicos.

4. Deseño e realización do material promocional.

4.1. Memoria de presentación do proxecto.

4.2. Material audiovisual: teaser, tráiler, programa piloto.

4.3. Story board (animación).

4.4. Deseño e elaboración de material promocional impreso.

4.5. Deseño e elaboración da páxina web do proxecto.

5. Contratación dun plan de márketing.

6. Participación en foros de desenvolvemento de proxectos, mercados e foros de coprodución (excluídos aqueles foros en que a Agadic organiza delegación de empresas).

6.1. Traslados.

6.2. Aloxamentos.

6.3. Acreditacións.

7. Persoal e Seguridade Social (máximo 15 % dos gastos subvencionables comprendidos entre os capítulos 1 e 6).

7.1. Guionista.

7.2. Director.

7.3. Gastos de Seguridade Social do guionista e/ou director.

8. Gastos xerais (7 % dos gastos subvencionables comprendidos entre os capítulos 1 e 6).

9. Gastos imprevistos (5 % dos gastos subvencionables comprendidos entre os capítulos 1 e 6).

Non serán gastos subvencionables:

a) O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as provisións de gastos e as capitalizacións.

c) Gastos de subcontratación con empresas vinculadas.

A Axuda máxima outorgada por AGADIC non poderá superar o 50% do investimento subvencionable.
O importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou patrocinios concedidos por outras administracións públicas ou entes públicos, autonómicos, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.
En todos os casos, o importe que se vai xustificar será o correspondente ao total dos custos do proxecto.
Admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2014 correspondente á convocatoria e a data máxima que será o 30 de agosto de 2015.

Xustificación da Subvención

Para xustificar a subvención outorgada o solicitante debera entregar unha Memoria de proxecto que conterá os seguintes documentos:

  1. Unha copia do guión en galego.
  2. O contrato definitivo co guionista.
  3. Xustificante de inscrición do proxecto no Rexistro de Propiedade Intelectual.
  4. Memoria explicativa dos contactos realizados durante a fase de desenvolvemento, situación actual e evolución do proxecto, cunha extensión mínima de cinco páxinas.
  5. Un exemplar do plan de produción.
  6. Un exemplar do plan de financiamento coas diferentes entradas comprometidas ou en negociación, debidamente xustificadas.
  7. Os correspondentes exemplares do material de promoción do proxecto
  8. Un exemplar do plan de márketing
  9. A proposta de equipo técnico-artístico, que incluirá, como mínimo, a identidade do director e o produtor executivo e tamén a listaxe dos xefes do equipo técnico e unha proposta do elenco.
  10. Achegaranse, sempre que sexa posible, cartas de aceptación/interese por parte dos profesionais incluídos nestas listaxes.
  11. Na modalidade de pilotos de series de animación para televisión e programas de televisión, copia en DVD da produción final (imaxe corporativa da Agadic)

Asimesmo haberá que presentar unha Memoria Xustificativa na que se inclúan os seguintes documentos:

  1. Memoria descritiva das actuacións realizadas.
  2. Relación numerada e ordenada por capítulos de gastos que inclúan o número de documento, identificación do acredor, o importe e a data de emisión, a suma parcial (folla por folla) e a suma do total da relación de gastos, excluído o IVE. A relación poderá ser enviada en soporte papel, soporte CD-ROM ou en memoria USB. O modelo deberá descargarse na páxina web da Agadic.
  3. Contratos mercantís e relativos á adquisición de dereitos.
  4. Xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo cos porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como, de ser o caso, os xustificantes de pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos ditos contratos.
  5. Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa e, de ser o caso, contratos que acrediten os custos de servizos, subministracións e calquera outra prestación que non sexa de persoal contratado directamente pola empresa produtora, así como o xustificante de ter efectuado a declaración das facturas ante a Facenda pública nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.
  6. Billetes, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, xustificativos dos gastos de viaxes, aloxamento e inscrición en foros profesionais.

En ningún caso se aceptará como gasto xustificable os pagos en efectivo.

De igual maneira os solicitantes deberán presentar á hora de xustificar: Unha declaración actualizada sobre subvencións solicitadas, percibidas ou concedidas e pendentes de percepción para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os dous últimos exercicios fiscais, e durante o exercicio fiscal en curso, ou ben declaración de que a información facilitada ao respecto na solicitude non sufriu variacións desde a data da súa presentación (anexo IV).

Solicitudes

As solicitudes serán presentadas preferiblemente mendiante formulario electrónico publicado aquí, para o cal será necesario DNI electrónico ou calquera outro certificado electrónico recoñecido pola Xunta de Galicia.
Alternativamente tamén poderán presentarse en soporte papel en calquera dos Rexistros da Xunta de Galicia mediante procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Bases, solicitudes e anexos.

 

 

 

 

Compartir