Agadic

Versión simplificada das Subvencións a Produción audiovisual de AGADIC

A Axencia Galega de Industrias Culturais, AGADIC, ven de presentar a convocatoria para a concesión de subvencións a producións e coproducións de contido cultural galego. O que aquí publicamos é unha versión reducida da orde. Para consultas máis ó detalle pode lerse o texto íntegro da orde aquí.
O importe total das Axudas é de 2 millóns de € repartidos en 3 anualidades das cais, 200 mil€ corresponderán ó ano 2014, 600 mil€ ó ano 2015 e 1,2 millóns€ corresponderán ó ano 2016. O prazo de entrega de solicitudes remata o 14 de setembro de 2014. No caso de que a documentación presentada por un solicitante estivese incompleta terá un prazo de 10 días hábiles para presentar a documentación solicitada contados a partires do día seguinte da notificación do requerimento.
Poderán presentarse ás axudas tódalas persoas físicas ou xurídicas constituídas como productoras independentes (é dicir que non teñan relación cun medio de comunicación público ou privado) dados de alta como produtores cun ano de antigüedade en todo o territorio da UE.
Para poder presentarse ás axudas, a productora deberá ter unha porcentaxe mínima dun 20% do proxecto audiovisual quedando descartada as entidades que só conten cunha produción financeira. Non existe impedimento para que os posibles beneficiarios presenten tódolos proxectos que estimen oportunos existindo pero non se outorgará máis de unha axuda por beneficiario. Non poderán concurrir á convocatoria as entidades con débedas ante á administración ou que se vexan inmersas en procesos que as incompatibilicen coa solicitude dunha axuda pública.

Modalidades e Cuantías.

A presente orde establece 3 modalidades distintas.

  1. Longametraxes de Imaxe real
  2. Animación
  3. Televisión

A modalidade A adicada ás longametraxes de imaxe real está dividida en dous apartados:

Modalidade A.1: longametraxes de ficción ou documental de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, posúan unha alta capacidade de internacionalización e o seu orzamento total non supere o importe de 1.200.000 €.

Modalidade A.2: longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional e conten cun orzamento total de produción superior a 1.200.000 €.

En ambos casos a cuantía máxima da subvención é de 240 mil€ para producións presentadas con versión dobrada ó galego. No caso de empregarse o galego como lingua de rodaxe a cantidade incrementaríase en 20 mil€ máis podendo alcanzar os 260 mil€.

A Modalidade B adicada a producións de Animación divídese en 2 categorías:

Modalidade B.1: curtametraxes de animación, de autoría galega, que promovan o talento creativo e técnico galego, teñan vocación de difusión nacional e internacional e un alto potencial de se converter en longametraxes cinematográficas de animación. Entenderase por curtametraxe de animación aquela produción con duración inferior aos 30 minutos.

Modalidade B.2: longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional. Entenderase por longametraxe de animación aquela produción cinematográfica de máis de 60 minutos de duración.

A cuantía das axudas son de 80 mil€ para as curtametraxes e de 240 mil€ para as longas establecéndose igualmente un incremento de 20 mil€ no caso de que o galego sexa a lingua orixinal de dobraxe.

A Modalidade C está adicada a producións para televisión e divídese en 3 categorías:

Modalidade C1. Longametraxes e miniseries televisivas de ficción de autoría galega, que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión.

Modalidade C2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega, e contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción.

Modalidade C3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional.

As cuantías das axudas da modalidade C son as seguintes, para a categoría C1, 140 mil€ e 240 mil€ respectivamente. Na modalidade C2 30 mil€ e na C3 150 mil€. Todas estas cantidades poden incrementarse en 20 mil€ no caso de que o idioma orixinal de rodaxe sexa o galego.
NOTA IMPORTANTE: Do total da partida orzamentaria (2 millóns€), reservarase un total de 1,4 millóns € para as modalidades A1, A2 e B2

Documentación requerida ó Solicitante (orixinal ou fotocopia compulsada):

a. Se o solicitante é unha persoa física, DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

b.Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (9611), no exercicio actual.

c.Se o solicitante é unha persoa xurídica:

  1. Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente.
  2. Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda;
  3. Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.
  4. DNI ou NIE do representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
  5. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

2. Ademais, ás solicitudes xuntarase a seguinte documentación técnica:

  1. 1. Memoria da empresa, conforme o modelo recollido en anexo II.
  2. 2. Documentación relativa á empresa, en que deberá constar:
  • a. Historial creativo, profesional e financeiro da empresa produtora. No caso de compañías de nova creación, historial do produtor executivo ou produtora executiva.
  • b. Se é o caso, documentación que acredite a traxectoria en canto a presenza en festivais internacionais e presenza en salas comerciais das longametraxes producidas pola empresa produtora solicitante. No caso de compañías de nova creación, traxectoria neste aspecto do produtor executivo.

Documentación relativa ó proxecto:

  • a.Datos identificativos do proxecto, especificando a versión lingüística orixinal da obra.
  • b.Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha folla.
  • c.Descrición de intencións do proxecto audiovisual en canto ao tratamento formal, deseño da produción, distribución de papeis e outros elementos artísticos e técnicos en relación co guión proposto.
  • <lid.Plan de traballo que inclúa:

  • i.Cronograma de preprodución, produción e posprodución coas datas de inicio e finalización de rodaxe previstas.
  • ii.Lugares de localización.
  • iii.Recursos humanos e de produción que intervirán na execución do proxecto (relación nominal ou, de non estar en condicións de detallala, relación dos profesionais dos equipos creativo e artístico e relación de empresas auxiliares).
  • e.Guión.
  • f.Documentación compulsada ou cotexada e acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.
  • g.No caso de obras de autoría galega, contratos ou cartas de compromiso asinados en que consten as cantidades económicas acordadas co director, guionista, produtor executivo (segundo proceda).
  • h.Historial, facendo especial mención aos traballos previos no ámbito audiovisual dos seguintes profesionais, sempre que se poida acreditar o seu compromiso de participación no proxecto: director, guionista, produtor executivo, actores protagonistas e secundarios, director de fotografía, director artístico, deseñador de personaxes e fondos (animación), compositor da banda sonora orixinal. Contratos asinados ou cartas de compromiso que detallen as cantidades económicas, se os houber, cos profesionais relacionados. De ser o caso, especificación da condición de director novel e especificación da porcentaxe de mulleres entre os profesionais mencionados.
  • i.Orzamento definitivo segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.
  • j.Plan de financiamento e, de ser o caso, documentación xustificativa de dereitos de recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, vendas ou cesión de dereitos con empresas titulares da explotación de canles de televisión, vendas internacionais, dereitos de distribución), acordos de compromisos de investimento privado e achega de fondos propios.
  • k.Se é o caso, estratexia de márketing nacional e internacional. Se hai empresa de distribución interesada, o seu historial. No caso de empresas distribuidoras de recente creación, currículo dos administradores da compañía.

Declaracións ou compromisos:

  • a. Declaración responsable que exprese a vinculación profesional con Galicia do equipo creativo (director, guionista, produtor executivo, director de produción, director de fotografía, responsable do son directo, compositor da B.S.O., director artístico, deseñador de personaxes e fondos, montador e outros profesionais creativos que interveñan na produción).
  • b. No caso de obras de autoría galega, declaración responsable en que conste a antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia de dous dos profesionais seguintes: director, guionista, produtor executivo.
  • c. Declaración responsable coa relación de empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia e interveñen na produción.
  • d. Declaración que especifique a lingua orixinal de rodaxe/gravación e en que conste a porcentaxe.
  • e. Se é o caso, declaración de que o proxecto tivo unha subvención para a escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de cultura, ou da Agadic.
  • f. Declaración en que conste a porcentaxe de días de rodaxe que se desenvolverá en Galicia. No caso de proxectos de animación: porcentaxe de utilización de estudios principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.
  • g. Declaración en que conste a porcentaxe de financiamento do proxecto debidamente acreditada.

Calquera outra documentación que o solicitante considere de interese para a mellor defensa do proxecto.

Os proxectos serán avaliados por unha Comisión de valoración integrada por:

  1. Un representante da TVG
  2. Dous profesionais de recoñecido prestixio no mundo cultural e /ou audiovisual nomeados pola Dirección de Agadic
  3. Un profesional do cadro de persoal de Agadic.

Criterios de Valoración (Ver desglose detallado no capítulo 12 da orde):

Para as modalidades de imaxe real (A1, A2, C1 e C2):

  • Calidade do proxecto
  • Contribución cultural
  • Impulso da cinematografía galega ou promoción do talento galego
  • Viabilidade económica e industrial

Para as modalidades de animación (B1, B2, C3)

  • Calidade do proxecto
  • Contribución cultural
  • Contribución ó desenvolvemento do sector galego da animación
  • Viabilidade económica e industrial

Obrigas dos beneficiarios

  1. Comunicar datas de inicio e fin de rodaxe así como de estrea.
  2. Incorporación dun mínimo de 3 alumnos de escolas de cine en tódalas producións salvo nas curtametraxes de animación e documentais televisivos nas cais a obriga se reduce a 1 único alumno.
  3. Obriga de incorporar o logo de AGADIC (cartelería e publicidade) así como o texto «coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais» ó inicio do filme.
  4. Obrigatoriedade de depositar unha copia en 35mm ou DCP no CGAI. No caso da modalidade C as copias serán en HDCam ou Blue-Ray.
  5. Obriga de entregar a Agadic copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra.
  6. Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma
  7. Comunicar a obtención doutras axudas públicas ou recursos para a mesma finalidade.

Gastos Subvencionables

  1. Suma dos gastos efectuados pola empresa ata a consecución da copia estándar.
  2. Só se consideraran aqueles gastos realizados entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de finalización da convocatoria.
  3. non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Xustificación (Ver relación detallada no capítulo décimo sétimo da orde)

  1. declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos.
  2. Auditoría de contas da produción.

NOTA: No suposto de que o proxecto o realicen varias empresas coprodutoras, o informe de auditoría abarcará os custos subvencionables da totalidade do proxecto, con excepción do custo das empresas coprodutoras estranxeiras.

  1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.
  2. Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue conforme un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.
  3. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.
  4. Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario.
  5. O beneficiario deberá xustificar o gasto dun mínimo do 120 % do importe da axuda recibida no pagamento de bens ou servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que se exixa un nivel superior ao 70 % do gasto total da produción global.

NOTA: Na Orde contemplanse outras alternativas de xustificación para a modalidade C2 correspondente ós documentais televisivos. (Consultar capítulo 17 da Orde)

Para calquera dúbida remitímonos ó texto da Orde que se pode consultar integramente aquí. Ó igual que os anexos e documentación para a presentación de proxectos.

 

 

 

Compartir