os_venres_con_CREA_1

Venres con CREA #8

Comezamos cun chisco de humor. O noso compañeiro Fran X. Rodríguez realiza Beard Mourning, unha “campaña publicitaria” na cal se nos suxire o mellor destino para a nosa barba hipster.

Vai, un videoclip, A desbrozadora da banda viguesa Os Vacalouras, está dirixido pola nosa nova socia Anxos Fazáns, desfrutádeo.

Esta semana estreouse o novo traballo do noso socio Simone Saibene, a longametraxe Pelerinaxes, aquí tedes o trailer.

E rematamos este Venres con CREA coa curtametraxe A Porta do noso compañeiro Andrés Goteira.

Boa fin de semana ;)

 

Compartir