os_venres_con_CREA_1

Venres con CREA #6: Novidades varias

Comezamos este Venres con CREA convidándovos a pasarvos por Ollo de Vidro a que vexades a nosa interesante conversa con Antonio Caeiro pinchando aquí.

A maiores, a actualidade da semana está marcada polo que será a estrea mundial de “As Mimosas”, segundo filme do noso compañeiro Oliver Laxe, dentro da Semana da Crítica de Cannes. Aquí tedes en primicia o trailer do filme.

Entre as novidades, traémosvos tamén o novo videoclip do noso compañeiro Javi Camino para Linda Guilala, titúlase “Cosas Nuevas”  e loce espectacular.


Un dos compañeiros que se incorporou recentemente a CREA, Miguel Mariño é o responsable de “O tempo da mazá” curtametraxe realizada para a Chanfaina Lab.

Disfrutade da sesión ;)

 

Compartir