os_venres_con_CREA_1

Venres con CREA #4

Comezamos a semana cunha importante novidade, a creación da web de Ollo de vidro, onde poderedes ver conversas con distintos profesionais da dirección que falan de experiencias persoais, gustos, etc. Entre elas, hoxe destacamos a do noso compañeiro Carlos Almón: http://ollodevidro.gal/conversas/41
Na vindeira semana daremos a coñecer o nome dos directores candidatos ós Premios CREA. Entre eles estará Paco Cuesta co spot de Estrella Galicia: Familia.

Entre os trailers hoxe seleccionamos Los niños salvajes, filme dirixido pola nosa compañeira Patricia Ferreira.

E continuamos co videoclip Mujeres sin cariño da banda Tronka Jazz Quartet dirixido polo noso compañeiro Xavi Jácome.


E despedímonos ata a semana con Escape, unha inquietante curtametraxes dirixida polo noso compañeiro Andrés Rosende.

 

 

Compartir