14797_festival-de-cine-internacional-de-ourense_0

UN OUTONO DE CINE

O outono arrecende a cine no noso país

Logo da 37 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que tivo lugar durante o mes de setembro, os meses de outubro e novembro chegan cheos de cinema e proxeccións en toda Galicia. Festivais como Amal, Cineuropa ou o OUFF en Ourense faran desta estación un disfrute para as persoas amantes do cinema en grandes pantallas.

14865_festival-amalO XII Festival de Cine EuroÁrabe Amal, unha Semana de Cine que un ano máis achegará a cultura árabe á cidade compostelana mediante a proxección de películas de orixe e temática árabe desde o 21 ata o 25 de outubro. As proxeccións terán lugar no Hotel Eurostars Araguaney, en Santiago de Compostela. Do mesmo xeito que nas edicións pasadas, o Festival Amal convoca o concurso de curtametraxes Amal Express, unha actividade que consiste na realización dun curto nun tempo “express” de 72 horas, baseado nunha palabra crave que proporcionará a organización do festival. Con esta iniciativa preténdese fomentar a creatividade e a innovación, así como a promoción da cultura e o coñecemento mediante o cine, que é un dos obxectivos principais do Festival Amal desde os seus inicios.

CINEUROPA

A 28 edición da Mostra de Cine Cineuropa en Santiago de Compostela, encherá as butacas do Teatro Principal e do Salón Teatro da capital galega do 6 ao 28 de novembro durante as proxeccións de cinema internacional e galego. Entre as novas deste ano están os recoñecementos a dous importantes directores da escea internacional: o máis importante dos directores mexicanos, Arturo Ripstein; e un dos máis recoñecidos valores da vangarda do cinema portugués, Miguel Gomes. Concertos e actividades completarán unha axenda redonda.

14797_festival-de-cine-internacional-de-ourense_0

E do 14 ao 22 de novembro Ourense está de aniversario, o XX Festival de Cine Internacional de Ourense abrirá a súa programación coa proxección do filme Lobos Sucios, de Simón Casal. Durante esa semana de novembro unha completa axenda con filmes procedentes de todo o mundo, así como actividades e presenza de directores.

A temática séguese axustando á filosofía cinematográfica do certame: dereitos humanos, emigración, problemas na adolescencia, relacións familiares e terceira edad. Os xéneros máis comúns das películas presentadas son o drama, o “thriller” e a comedia. Boa parte dos títulos inscritos proceden e foron premiados noutros festivais de categoría internacional como Cannes, Berlín, Sundance, Locarno, Karlovi Vary, etc….

Dende CREA A asociación de Directores e Realizadores de Galicia, queremos convidarvos e emprezarvos a vernos nas salas de cine, que mellor excusa que o vento e a chuva para viaxar a outras realidades sentados nunha butaca…

Compartir