david_vazquez

Os traballos do realizador David Vázquez

David Vázquez é un creador e técnico audiovisual que combina a creación coa fotografía. Director do documental Asolagados e das curtametraxes As almas do Fental e Empantanados. A súa ollada como director de fotografía, coidada e de gusto estético, destaca na curta Garabolis. Vén de presentar recentemente o seu traballo no eido do vídeoclip, facendolle un coidado traballo con Iago Cid.

Aproveitamos para falarnos cun dos socios de CREA e descubrimos en que enreda. Como el mesmo dí

Fago audiovisual, igual que falo galego, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sae de dentro”, David Vázquez

Como xurdiu o proxecto que máis tarde convertese no teu segundo vídeoclip.

Iago Cid é un rapaz de Chantada, xa tivo grupos aquí. Agora marchou para Madrid e intenta emprender a súa carreira en solitario. O tema que leva o videoclip está adicado a súa nai, e quería que se gravase en Chantada. Presentámoslle un guión, gustoulle a idea e puxémonos man á obra.

A pesar das dificultades e falta de recursos económicos ¿Como resumirías a realización deste videoclip?

Contei cá instimable axuda de Ana Diz, boa amiga e mellor profesional, no guión e na realización, así coma Bruno Máez na iluminación. Ó ser un videoclip de moi baixo presuposto, as cousas sempre son complicadas, os medios técnicos son os xustos, polo que chegar ata ó final xa é todo un reto. E si sumamos que todos os que estivemos na gravación, solo nos vimos eses días, todo é máis complicado, e hai que ir solucionando cousas en tempo real.

Que buscas en canto á forma de realizalo.

Pois básicamente que sexa algo distinto, a min gústame moito o mundo rural, case todo o que fago ten que ver con esto. Polo que busquei  localizacións neste ámbito, mesturando a canción  gravada nunha adega típica de Chantada, cunha historia exterior.

Poderías describir de xeito resumido o dispositivo e técnicas para realizalo, as ferramentas técnicas e a iluminación.

Un traballo deste tipo ten un operativo técino sinxelo, o que quere decir que hai que traballar o dobre. Fíxose cunha soa cámara (Sony XDCAM), e dous focos de luz led cos que se podía combinar as diferentes temperaturas de color, e unha antorcha para darlle luz a detalles en momentos puntuais. A edición fíxose en Avid Media Composer.     

Realizar un videoclip é distinto que afrontar outro tipo de proxectos

A verdade é que sí. Eu é o segundo que fago, polo que me resultou complicado. Cando fago curtas é máis sinxelo, xa que ti sabes o que queres contar, e podes facer tantos cambios como queiras ata acadar o que pensabas facer. En canto outros xéneros coma os documentais, tamén son máis complicados xa que neste caso estás contando historias reais, e tes que ser fiel a elas, cando fixen  “Asolagados” na presentación solo estaba nervioso polo que puideran decir os protagonistas.

A localización rural combinada con interiores. Foi doado atopala.

Pois si hai algunha, foi xa no principio da historia. Eu busquei  a localización de interior e pareceume o suficientemente grande, pero cando chegamos ó sitio e vin os pedazo de monitores que traian, unha batería completa etc.. xa pensei que non colliamos todos alí, paseimo mal, pero bueno ó final fomos arranxando. Traballos coma estes, son os que te fan cada vez máis sólido nesta profesión, ademáis valen para coñecer a grandes persoas e profesionais.

Antes de despedirnos, cóntanos os teus novos proxectos.

Hai varios, estou cunha curta documetal sobre o Entroido Ribeirao de Chantada, un entroido dos máis ancestrais de Galicia. Tamén ando con outra curta documental sobre a historia dun veciño de O Saviñao, ten 103 anos e foi un fuxido na guerra civil, e unha curtametraxe de ficción co guión xa escrito, pero por falta de tempo quedará para o ano que vén.     

Compartir