POSTER2web

The Last Witch o novo proxecto de Carlos Almón

The Last Witch, un filme de xénero en Galicia

Falamos co socio de CREA Carlos Almón Muñoz. Un novo realizador que ante a falta de recursos e ante os problemas que supón sacar adiante proxectos de longametraxe sen suficientes axudas, cubriu con ilusión, esforzo e creatividade o oco xerado para facelo posible.

The-Last-Witch1

Carlos vén de presentar The Last Witch, unha longametraxe atrevida cuia sinopse é toda unha aposta por novas formas e relatos, unha declaración de intencións para unha obra de xénero.

2019, Santiago de Compostela. Tres amigos en búsqueda de aventuras que poidan facerlles famosos en internet se adentran nunha antiga historia real de bruxas en Tarrasa (1619) cando descubren as conexións que un de eles ten ca historia. Así empezarán unha viaxe sen retorno ó máis profundo da oscuridade de Galicia.

Carlos, o teu novo proxecto constitúe unha clara aposta polas novas formas de distribución, pero anteriormente fixeches Dark Lifes. Como valoras e o defines.

Dark Lifes foi o meu primeiro proxecto, una webserie de terror de 4 episodios, en formato Found Footage, na que se conta a historia en primera persoa de dous amigos que cometen o erro de interpoñerse entre o cometido dunha secta. Os capítulos estreáronse na Hobbycon de Coruña 2015 no Palexco. Agora os capítulos poden verse gratuitamente en youtube.               

Logo da experiencia Dark Lifes, como afrontaches The Last Witch.

Pasou más de un ano dende que empecei Dark Lifes ata que rodei The Last Witch ambas foron meus proxectos en Found Footage e comparten moita historia, aunque o filme está inspirada por uns feitos reais. Foi un enorme paso o cambio de crear a miña webserie sen presuposto e con amigos a rodar a miña película debut producida e con equipo técnico profesional.

Como valoras e defines este filme de xénero.

É unha película de suspense pola historia que conta, pero de terror polas escenas que ten e a atmosfera que crea. Está dirixida a todo aquel que queira sumerxirse nunha historia de bruxas en primeira persona, adulterada con terror. Normalmente encaixa mellor co público xove de entre 12 e 30 anos.

En ocasións sacar adiante unha longametraxe é complexo, e pode converterse  nun camiño cheo de atrancos, que só é posible producir grazas ao esforzo e traballo do equipo. Como foi a rodaxe e a produción do filme.

Moitísimos problemas días antes da rodaxe, cambios de actores de última hora, faltou o equipo que se prometeu, todo iso sen contar que o productor da película perdeu a total participación e dereitos na película por intentar estafarnos, robarnos a película, non pagar, e moitísimos artigos legais que infrinxiu e que agora me deron a razón volvendo a min o 100% dos dereitos da película.

E xa por último Carlos, cal será o camiño e a distribución de The Last Witch.

Pois o primeiro que faremos é facer o estreno na sala NUMAX moi próximamente aunque aínda non temos data, e logo queremos facer proxeccións pequenas por toda Galicia e máis comunidades se corresponde, para próximamente vendela dixitalmente en VOD para todo o mundo.

Compartir